MELILLA
Por Jesús Miguel Sáez
Cazorla |
SITUACIÓN |
|
Situada a 35º17'
N - 02º56' W. A cidade europea de Melilla queda integrada no entorno
norteafricano de Kelaya ou “lugar de castelos”; o seu territorio está situado na
parte noroeste do Magreb, na rexión de Gareb, que significa “poñente”. Melilla
está bañada polo Mediterráneo, na costa setentrional do continente africano,
fronte ás costas andaluzas correspondentes ó Mar de Alborán. A costa de Melilla
é o punto medio de inflexión que vén separar de xeito notorio un litoral baixo
de finas areas situado cara ó seu oriente, dos fortes cantiles salferidos de
pequenas calas e praias illadas cara ó occidente. |
DEMARCACIÓN |
|
A demarcación do municipio
melillense é un semicírculo de 12,33 quilómetros cadrados, cun radio de 2900
metros, producido polo disparo do canón “El Caminante”.
Dos 20
quilómetros de perímetro de Melilla, 9 corresponden a lindeiros marítimos e 11 a
lindeiros terrestres, acadando unha densidade de poboación de 5.181 hab./km2 |
CLIMA |
|
Cun clima mediteráneo e
unha temperatura media anual de 19 graos, facilita a calidade da estadía á hora
de pensar en planos ó aire libre. |
|